Conta Nove Estrelas

Autor:
Andrea Maceiras Andrea Maceiras,
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491215271
Idioma
Gallego
Publicado
2019
Nº de páginas
165
Formato
Rústica
12,50€

Unha aventura de ciencia ficción que desborda imaxinación e lirismo.Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela. Esta arriscada decisión vaina levar a emprender unha incrible aventura xunto co seu irmán Udai, durante a cal desafiarán os límites do universo coñecido. Porque, como diría o avó Acasi, un sol nunca será idéntico a outro sol, pero a súa luz é igual de necesaria. Porque todos provimos dun mesmo, único e primeiro latexo.