Contos De Familia

Autor:
J.A. Xesteira
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497823760
Idioma
Gallego
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
17,00€

Sinopse A cociña era o espazo íntimo, acolledor e marabilloso para a narración dos contos de familia. Alí foi onde nas tardes de inverno, sen máis distracción que a vella radio dos discos dedicados, se transmitiron as historias familiares e os máis novos construíron a historia coma se fora unha paisaxe feita de miles de pequenas pezas recortadas; onde se falaba de medos descoñecidos ou coñecidos, de cousas fantásticas e de cousas demasiado reais. J.A. Xesteira ofrece once daqueles contos que recupera da súa cociña familiar: as travesías das heroicas madriñas dos presos do cárcere de San Simón; os suicidios da torre do pazo, provocados por amores prohibidos; as noticias do tío arquiva-das na carta do Brasil; a chegada imprevista daquel home coa marca dos perdedores escrita no corpo; a peripecia da culler do caldo que veu da Guerra de Cuba… Un libro emocionante sobre aqueles difíciles anos da fame, escrito cos caracteres da tipografía da memoria construída no seo da familia.