Contos De Tres Mundos

Autor:
Neira Vilas
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788475079127
Idioma
Gallego
Nº de páginas
232
Formato
Rústica
9,80€

Nacido a fins de 1928 na aldea de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e residente en Cuba desde 1961, Xosé Neira Vilas é un dos narradores contemporáneos de maior éxito nas nosas letras, sobre todo a través de volumes emblemáticos como Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho (número 12 na nosa colecci ón), Remuiño de sombras ou Tempo Novo. Partindo dun consciente proxecto de tradicionalismo narrativo, Neira Vilas mostra unha constante preocupación por transmitirnos a súa vivencia e mais a súa visión da Galicia interior e da Galicia emigrante, contempladas en moitas ocasións desde os ollos dun neno/adolescente. Toda esta perspectiva xorde nítida para o lector da selección de relatos que constitúe Contos de tres mundos: unha ollada comprometida co país e mais coas xentes que o habitan, amparada sempre desde unha prosa de pulso firme e certeiro.