Contos Para Escola

Autor:
Concha Blanco
Editorial:
Ediciós Do Castro
ISBN
9788474920833
Idioma
Gallego
Nº de páginas
80
Formato
Rústica
5,00€

Patán era un can grande de palleiro, con cara ancha, ollos tristes, orellas caídas, e corpo e rabo peludos dunha color gris vella. Patán nin xenio tiña para ladrar de xeito. Pouco máis facía que comer e estar deitado en calquera lado; tanto lle daba dentro dunha caixa de cartón, ou nun cesto da verdura, ou na pila de toxo, ou mesmo lle valía onda o pote na borralla. De lavarse non quería saber nada. Escapáballe á auga. Era un porco. Os que si vivían no seu ambiente eran unha pulga e un piollo amigos que tiña entre o pelo.