Contrahistorias De Galicia

Autor:
Antonio Reigosa
Editorial:
Edicións Embora
ISBN
9788417824273
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
322
Formato
Cartoné
23,50€

Estas " Contrahistorias de Galicia " son as outras historias , cara B , ou , se o prefiren , o lado escuro e encuberto do noso pasado . Con estas contrahistorias traemos ao presente mediante textos breves , apoiados << contra >> profusas e fermosas ilustracións , unha visión desde ángulos dispares , coas cores , figuras e memorias dunha presada de personaxes secundarios , esquecidos e ignorados pola historia oficial . A maioría están protagonizadas por xente do común . Doutros , o menos , sendo personaxes de certa relevancia , a historia oficial só nos achegou a cara A , a de comenencia do poder. Un libro para ler e ver , ou viceversa . Un libro que , como todos , ten tapas e que de apetecerlles , poden usalas como contraventás : abrilas ou pechalas a criterio da súa curiosidade.