Coplas analfabetas

Autor
Antonio Tizón
Editorial
Editorial Elvira
ISBN
9788412992151
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
156
Formato
Rústica
Colección
Varios
Ilustrador (interior)
María do Carme Quinteiro Alonso
Dimensiones
150 x 220 x 11 cm
20,00€

Coplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silenciadas pola historia. A obra estrutúrase en dúas partes: «Coplas analfabetas e revolucionarias», que denuncia a inxustiza social, a desigualdade e o esquecemento das clases populares, e «Coplas de vida trala morte», cunha reflexión poética sobre o paso do tempo, a memoria e a transcendencia. No eido literario, a obra bebe da tradición rosaliana e conta cun limiar de Anxo Angueira. No que atinxe á musica, baixo a coordinación de Eugenia Sanmartín, reúne destacadas voces da escena galega, como Barahunda, Davide Salvado ou Carmen Penim, que adaptan as coplas á sonoridade contemporánea. No referido á parte plástica, a obra de cuberta e interiores pertence á pintora María do Carme Quinteiro Alonso. Máis aló do seu valor estético, Coplas analfabetas é un proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural galego, é un canto á memoria e á identidade, unha homenaxe á palabra transmitida de xeración en xeración e unha aposta pola cultura galega como espazo de creación, reivindicación e futuro.