Cousas Bc

Autor:
Csatelao
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482887814
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
132
Formato
Rústica
13,75€

Sinopse Un clásico da narrativa galega. A obra máis orixinal dun escritor que creou un xénero: o que hoxe constitúen estas cuarenta e catro estampas, nas que un non sabe se admirar máis a maestría do narrador ou a fondura lírica do poeta. Este libro de Alfonso R. Castelao publicouse por primeira vez no ano 1926, cando o seu autor tiña cuarenta anos e xa dera a coñecer Un ollo de vidro, o relato humorístico que o tiña revelado como un narrador fino e áxil, tanto como o debuxante que xa era. Posteriormente, en 1934 publicaría os contos de Retrincos e a novela Os dous de sempre que o acabarían consagrando como un dos prosistas máis brillantes de toda a historia da literatura galega. Cousas ten sido unanimemente considerada como a creación máis orixinal de Castelao. Son coarenta e catro cadros breves, todos eles acompañados por un debuxo do propio autor, que xiran sempre arredor do mundo dos labregos e os mariñeiros do noso pais. Trátase dun xénero situado a medio camino entre a épica e a lírica, aínda que claramente inclinado cara a fondura da introspección poética. Nas Cousas está, xa que logo, o Castelao máis xenuino e universal, aquel que hoxe ten a consideración dun clásico da literatura galega polo exemplar equilibrio que logrou gracias á sabia combinación de elementos dispares, uns de tipo formal e outros puramente significativos, saídos todos do cerne mesmo da alma galega. Unha alma da que el foi, ao mesmo tempo, intérprete e executor.