Crac

Autor:
Gonzalo Hermo González
Editorial:
Edicions Barbantesa
ISBN
9788493885915
Idioma
Gallego
Nº de páginas
66
Formato
Rústica
10,00€

Achegarse a este libro supón aceptar un cuestionamento permanente sobre a violencia: onde reside, quen a provoca e por que aquilo que semella un sorriso manca. Ou por que aquilo que se prohibe libera. A través destes textos, espadas como poemas, introducímonos na dor dos que viron extinguir o seu fogar e humillar a súa identidade. Gonzalo Hermo introdúcenos nos seus ollos. A operación de rescatar a voz dos asasinados é semellante á de comprender como morden os vencidos que xa pensan na lingua dos vencedores. É o proceso de colocarse no gume do delirio, na tortura e no resultado da tortura. Aí, tamén aí, nun territorio que é unha sucesión de vertixes, é onde se sitúa a palabra de Hermo para acoller toda a perversión que se agocha nos motivos dos imperios. A perversión da Historia que é fermosa, e fede.