Criaturiña

Autor
Pedro Feijoo, Lois Pérez, Rosa Aneiros, Manuel Seixas, Antonio M. Fraga, Iolanda Zúñiga, Beatriz Maceda, Carlos Meixide
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411108034
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Nº de páginas
149
Formato
Rústica
Colección
Merlin
Dimensiones
190 x 130 cm
12,95€

Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo se complica: vampiros, cans desaparecidos, persecucións de Papá Noel e trufas de bacallau que poden cambiar o destino das persoas. Entre cartas, malentendidos e moito humor, Ulises e o Efebeí, xunto coa resabida Sabina, deberán resolver un misterio que mestura o absurdo co extraordinario. Unha aventura trepidante para rir a esgalla.