Cronicas Do Mañá

Autor:
Andrés Cabrera Bautista/Vv.Aa.
Editorial:
Urco Editora
ISBN
9788493812102
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
91
Formato
Rústica
18,00€

Esta escolma, realizada por José Miguel Sánchez «Yoss», un dos principais representantes da literatura de Ciencia Ficción na Cuba contemporánea, pretende achegar ao lector medio século de literatura cubana do xénero a través dos mellores contos provenientes da illa. Partindo de 1959 coa Revolución Cubana, que abriu as portas a unha nova xeración de creadores influenciados polos autores máis recoñecidos da primeira metade do século XX, faise un percorrido cronolóxico dos diversos escritores que foron deixando o seu aporte persoal a esta rica tradición, pasando por todos os subxéneros imaxinábeis e todas as temáticas que cincuenta anos poden dar de si. Crónicas do mañá serve como un xeito de achegarse a un xénero que desde fóra de Cuba non é tan recoñecido como debería, eclipsado ante outras manifestacións literarias que deron á illa moito máis renome. Porén, o lector quedará convencido ao ler esta selección de que a literatura cubana ten aínda moito por ofertar.