Curros & Holmes No Misterio D'o Kapital

Autor:
Marcos Calveiro
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491518020
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
122
Formato
Rústica
12,30€

Corre o derradeiro terzo do século XIX e Karl Marx escribe, na biblioteca do British Museum, a segunda parte da súa obra máis senlleira, O kapital, cando lle rouban parte do manuscrito. Un noviño e espelido Sherlock Holmes, acompañado do poeta Curros Enríquez, un mozote acabado de chegar ao Reino Unido tras a súa fuxida de Galicia, onde esperaba atopar un mundo novo de progreso e cultura, emprega- rán todas as súas habelencias para resolver este misterio que os levara, nunha apaixonante aventura, polas perigosas e misteriosas rúas do Londres vitoriano.