Curso De Linguistica Xeral

Autor:
Ferdinand Saussure
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484870777
Idioma
Gallego
Nº de páginas
418
Formato
Rústica
20,00€

Sinopse Na liña de situarmos a cultura galega ao mesmo nivel que outras da súa contorna, Edicións Laiovento congratúlase en presentar ao público lector da Galiza unha referencia básica no pensamento contemporáneo. A obra foi publicada postumamente polos seus discípulos Charles Bally e Albert Sechehaye en 1916 baseándose en apuntamentos, e marca un fito na investigación sobre o fenómeno lingüístico pois supón o nacemento da lingüística como ciencia: conceptos tan recorrentes e contestados coma sincronía, diacronía, lingua, fala, signo lingüístico, significante, significado, lingüística interna e externa ou relacións paradigmáticas e asociativas deben a súa circulación a Saussure e serán nocións fundamentais para a reflexión lingüística. A rigorosa tradución de Sánchez Rei vai acompañada dun estudo introdutorio do mesmo autor sobre a figura e obra de Saussure, o estado da ciencia daquela e a situación da lingua e lingüística galegas na época.