Da Natureza De Escritores Artistas E Vermes

Autor:
José Mº Durán Medraño
Editorial:
Galaxia *
ISBN
9788498655322
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
142
Formato
Rústica
15,00€

A obra Da natureza de escritores, artistas e vermes, da que é autor José Mº Durán Medraño, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.O ensaio Da natureza de escritores, artistas e vermes xira arredor do traballo. Baixo a categoría de traballo enténdese o proceso polo cal os seres humanos dan sentido ás súas relacións coa natureza e a sociedade; de aí que o traballo sexa creador de relación social. Durán Medraño, nun atento diálogo con Karl Marx, distingue entre as categorías de traballo produtivo, que é o traballo tal e como aparece suxeito ás relacións capitalistas de produción, e o poder produtivo do traballo, como aquela actividade que consiste na transformación material da realidade. Fronte ao traballo produtivo, o poder produtivo do traballo é analizado en canto capacidade humana de negar a relación fixada polo capital. A transformación social que o poder produtivo do traballo comporta, segundo expón Durán Medraño, significa revolucionar a relación social entre os suxeitos e dos suxeitos coas cousas; é dicir, significa unha construción anovada do cotián. Esta transformación é abordada no ensaio desde tres ángulos diferentes....