De Pergamiños, Follas Voandeiras E Libros Ao Gal

Autor:
Mercedes Queixas Zas
Editorial:
Calendario Xerais 2014
ISBN
9788499149837
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
228
Formato
Rústica
10,00€

Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén ser un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade. Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.