Demetrio Demoscopio

Autor:
Berta Dávila
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788411100618
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
11,95€

A primeira novela infantil de Berta Dávila. Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun libro máxico e aparecer na urbanización onde viven os personaxes dos contos cando ninguén os le. Berta Dávila estréase na novela infantil cunha deliciosa, tenra e divertida historia de amor, polas persoas e tamén polos libros. Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun libro máxico e aparecer na urbanización onde viven os personaxes dos contos cando ninguén os le. Berta Dávila estréase na novela infantil cunha deliciosa, tenra e divertida historia de amor, polas persoas e tamén polos libros.