Derradeiras Conversas Co Capitán Kraft

Autor:
Oriana Mendez
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788471540621
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
68
Formato
Rústica
11,25€

Sinopse Con este título irrompe Oriana Méndez na poesía galega do século XXI. De sorprendente madureza, esta obra aborda o texto poético como ferramenta de demolición da usura, como conflito sen resolver, como sinal de posta en marcha. Valéndose da ironía contra os fósiles líricos do noso tempo, a autora disecciona a experiencia da posmodernidade, abre túneles na metrópole continua que habitamos. E tensa o verso, confronta o seu sentido da beleza, profundo e inquisitivo, coa esixencia de franquear os pasos para a mobilización.