Desde Unha Mesa De Café

Autor:
Paulino Pereiro
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788489896192
Idioma
Gallego
Nº de páginas
120
Formato
Rústica
9,10€

Desde unha mesa de café vense moitas cousas, escóitase o máis inesperado, vívense experiencias de todo tipo, algunhas mesmo incríbeis, pero, sobre todo, coñécese de primeira man o mundo que nos rodea. Pénsase, imaxínase, vese pasar a vida dos demais, a realidade irreal que nos envolve e na que, por moito que nos rebelemos, estamos inmersos. En definitiva, vendo aos demais vémonos a nós mesmos, porque, como di Henri Michaux "Non existe un eu. Non existen dez eu. Non existe o eu. EU é tan só unha posición de equilibrio. (Unha entre mil outras continuamente posíbeis e sempre dispostas). Unha media do "eu", un movemento multitudinario. En nome de moitos asino este libro"