Deserto García

Autor:
Jorge Emilio Bóveda
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491514008
Idioma
Inglés
Publicado
2019
Nº de páginas
146
Formato
Rústica
14,70€

Unha obra a medio camiño entre o western e a novela policíaca, na que o autor aproveita para retratar unha sociedade embrutecida que, malia a ficción, é dolorosamente real. Desiderio García, garda civil recentemente prexubilado, decide acudir á remota aldea de Loirás para habitar a antiga casa familiar dos seus avós, coñecidos no lugar como os Touceda. Terá como obxectivo vivir nunha especie de retiro voluntario, afastándose para iso de todo o que foi a súa existencia ata o momento. Máis a súa presenza non será ben recibida e, pouco a pouco, o protagonista comezará a notar que alguén o axexa, e o seu receo irá en aumento ao atopar na súa porta restos animais. Ante as crecentes ameazas á súa vida, Desiderio García comezará a durmir abrazado a súa pistola Mauser…