Desta Beira Do Leteu

Autor:
Ernes Vazquez Souza
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484870647
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
266
Formato
Rústica
13,00€

Sinopse A imaxe do infernal Leteu, o río do esquecemento, do que os mortos beben para esquecer a súa existencia terreal é das máis fermosas metáforas que nos legou a tradición grecolatina. Por dereito propio forma parte da nosa tradición. Até tal punto que semella que o seu efeito torna contra nós, pasando a crear esa cómoda e indefinida brétema para o dominador que se chama ''memoria histórica'' e que conforma e interactúa co presente até se converter en Historia oficial. Nesta liña, este libro, nace dunha dupla casualidade e remata nun momento moi axitado en que o pasado admite leituras en presente e o presente supera o esperpento. Por unha parte, os artigos acó contidos abrollan dunha inquedanza cívica e crítica ante un presente no que (como ben agoiraba nesta mesma colección Josep Sort hai uns aniños) hai unha recuada de valores civís, políticos e culturais cara a vellos estilos centralistas, pensamentos absolutistas e colonialismos despóticos embutidos nunha imaxe de progreso patriótico e nacional que non se pode compartir. Por outra, da constatación dun certo fracaso por parte dos intelectuais e universitarios profesionais debruzados no estudo do feito cultural, histórico e literario de Galiza. Pois, abandonadas na máis pura intrascendencia non teñen sido capaces de cuestionar o presente e presentar de forma satisfactoria aos nosos contemporáneos tanto cal é a evolución dun complexo identitario como cales as diversas fases do noso proxecto de construción nacional