Diálogos De Mortos, Diálogos Mariños

Autor:
Luciano De Samósata
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866847
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
150
Formato
Rústica
15,00€

Os 'Diálogos de mortos' trasládannos ao Hades, onde comparten espazopersonaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas queresponden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos oucazafortunas. Alí todos poden constatar a incuestionable realidade deque a morte iguala a todos, pois no mundo do máis alá as diferenzasque marca a fortuna, a posición social, ou as calidades persoaisdesaparecen e tan só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia dainutilidade dos traballos pasados en vida. Pero os máis dos humanosnon son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemasvitais na existencia post mortem. Cando as divindades infernais osinstrúen nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento deperplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos,outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha novarealidade igualadora sen ningunha das prebendas anteriores. Nos 'Diálogos mariños' os interlocutores son divindades vencelladascoas augas, ninfas, ríos, tritóns e por suposto Posidón, cuxashistorias tradicionais se manipulan de maneira cómica. Céntranse casetodos nas súas aventuras amorosas, destacando os aspectos máisridículos, pero en ton amable e lixeiro, sen crítica, simplementecomo unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que sópretende arrincar un sorriso.