Diario Do Mimo

Autor:
Carmen Panero
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788471546623
Idioma
Gallego
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
12,00€

Compoñen este libro algo máis dunha ducia de relatos breves escritos cunha sensibilidade exquisita, na que os valores narrativos, administrados con moita intelixencia, acaban creando unha atmosfera poética absolutamente cativante. Trátase dun diario feminino no que, páxina a páxina, asistimos á maduración vital dunha muller: a perda das ilusións, a aparición do desengano, o encontro coa morte… A táboa de salvación pasa a ser o mimo, o personaxe mudo no que se simbolizan os xestos e o silencio.