Do G Ao Z

Autor:
Manuel Veiga Taboada
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499144481
Idioma
Gallego
Nº de páginas
72
Formato
Rústica
7,50€

Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor. Como especifica o seu autor no limiar, «o de «dicionario» é oportuno porque alude, de forma implícita, a textos breves e variados, a un libro que se pode comezar a ler por calquera parte, que se pode pousar e abandonar para volver comezalo noutro momento calquera, incluso un ano ou dous máis tarde, pois non é preciso recordar a trama nin o nome dos personaxes». Galicia, a Guerra Civil, o humor, a humildade, intelectual, Lenin, libraría, Manuel Fraga, misoxinia, O amante de Lady Chaterley, a política, a publicidade, o Quixote, o racismo, ravachol, Santiago, travestí, Vigo, watergate ou Zapatero son algunhas das palabras definidas neste dicionario agudo, divertido, desenfadado e indignado co que Manuel Veiga pon o dedo na chaga da sociedade actual. Hipoteca Obriga que pode danar o hipotálamo e poñer o cabelo hirsuto. Incoherencia Por un lado, animan a consumir para poñer en marcha a economía, polo outro reducen os salarios. Iso paréceme español Dito alemán que alude a algo que resulta estraño, raro ou sospeitoso. Acuñado en tempos do emperador Carlos V. A introdución dos costumes españois irritaba os alemáns.