Do Sentimento Á Conciencia De Galicia.Correspondencia 1961-1984

Autor:
R Piñeiro B Losada
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498651768
Idioma
Gallego
Publicado
2009
Formato
Rústica
40,00€

Publícase íntegra a correspondencia cruzada entre Ramón Piñeiro e Basilio Losada durante máis de vinte anos. Este libro recolle un total de 453 cartas en máis de 1000 páxinas. A edición dos textos correu a cargo das profesoras María Xesús Lama e Helena González. A través desas cartas pódense coñecer polo miúdo os proxectos desenvolvidos polos grupos galeguistas durante a ditadura, a incorporación dos estudos de galego nas universidades de Compostela e Barcelona, a galeguización do Centro Galego de Barcelona, os avances no recoñecemento da lingua a nivel institucional e popular e as revoltas contra o réxime franquista. O libro constitúe un epistolario excepcional, que sobarda o carácter privado para constituír un pormenorizado testemuño dun longo período da historia galega vista e vivida por dous intelectuais comprometidos cunha idea de dignificación de Galicia. Desde Compostela, Piñeiro actúa como mestre e amigo, editor e dinamizador do galeguismo; en Barcelona, Basilio Losada segue o decorrer das novidades que atinxen o galeguismo, intervén nas actividades da clandestinidade, actúa como mediador entre a cultura galega e a catalá