Dun Tempo E Dun Pais

Autor:
M. Caamaño Suarez
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484871026
Idioma
Gallego
Nº de páginas
232
Formato
Rústica
14,00€

Sinopse Manuel Caamaño Suárez pola súa traxectoria vital foi protagonista e actor dalgunha das empresas culturais máis importantes dos últimos corenta anos da historia deste país. Ciclos de conferencias rompedores, proxectos editoriais de coleccións pioneiras como Enquisa, sindicalismo xerminal clandestino, dirección do PSG, movemento ecoloxista precursor coa creación de ADEGA, asociacionismo cultural, movemento democrático veciñal, xestación do Museo do Pobo Galego; en todo está Manolo Caamaño, coa tenacidade do operario, coa modestia do artesán, refractario a calquera protagonismo, decote solidario, indispensábel sempre, sempre ao dispor dos demais. Por todo isto, este libro recolle unha serie de conferencias e discursos do autor, nacidos do compromiso de "facer País" nos tempos do franquismo e posteriores, así como unha serie de relatorios relacionados coas construccións anónimas que se integran na chamada arquitectura popular ou arquitectura sen arquitectos.