E Logo, Temos Razóns Para Ser Nacionalistas?

Autor:
Henrique Del Bosque Zapata
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499146553
Idioma
Gallego
Formato
Rústica
10,00€

O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros. Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da lexitimidade de todos os pobos a decidir o seu futuro con total liberdade. Os dereitos colectivos non están en colisión cos dereitos individuais: ambos se complementan na consecución de sociedades solidarias e igualitarias. O exercicio do dereito de autodeterminación deber ser unha garantía de democracia e de solución pacífica de conflitos na procura dunhas relacións internacionais máis xustas e equitativas. O nacionalismo procura o recoñecemento das creacións comunitarias e o dereito a poder vivir en pé de igualdade entre todos os pobos e nacións. A dignidade individual dificilmente pode reclamarse cando se nega a existencia como pobo.