Elos

Autor:
Paula Gómez Del Valle
Editorial:
Morgante Edicions
ISBN
9788415166122
Idioma
Nº de páginas
74
Formato
Rústica
12,00€

A obra Elos de Paula Gómez del Valle recolle unha selección de fotografías de personaxes, paisaxes e obxectos que a autora realizou desde unha orixinal óptica. Cada imaxe vai acompañada dun texto literario que lle dá un valor engadido a este libro de fotografía. Paula Gómez del Valle. Nazo en Ourense no 74. Dende que teño memoria as cámaras forman parte da miña vida, xa que dei cun pai afeccionado e apaixonado pola fotografía. No comezo do instituto, a cámara Pentax K-1000 convértese na miña eterna compañeira e así empezan as miñas aprendizaxes máis serias nas técnicas desta arte. Tendo un pai mentor con laboratorio na casa, a inmersión neste incríbel mundo é para sempre.