EN GALEGO, EN CURTO, EN GALICIA

Autor
Pedro Naveira
Editorial
Editorial Toxosoutos
ISBN
9788412962888
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
198
Formato
Rústica
Colección
Nume
Peso
260 gr
Dimensiones
130 x 200 x 12 cm
14,00€

Este conxunto de relatos curtos ten un contexto común, tan pequeno en aparencia como infinito en realidade: o da nosa terra galega. Unha visión crúa e sen ambaxes da alma mariñeira. A Galicia profunda. A solidariedade en clave galega. Un achegamento ao mundo das meigas e os espíritos, que habelos hainos. Unha viaxe pola liña, ás veces imperceptible, que delimita o mundo real e o dos soños. A corrupción. Unha reflexión en forma de diálogo entre un avó e un neto sobre a pegada terrible que deixou a pandemia da COVID-19 nas nosas vidas. Un exemplo de como unha primeira impresión pode ser tan subxectiva como inxusta. Unha historia de emigración dende unha perspectiva distinta. Estas e outras temáticas compoñen o que pretende ser un pequeno universo narrativo que intenta abranguer, cun aquel intimista, algunhas das características que debuxan o comportamento e a maneira de entender a vida dos galegos.