Namorarse os doce anos é algo corrente. Pero a Cali ocórrenselle cousas extraordinarias, como namorarse dunha rapaza antes de coñecela ou tentar que dúas vilas, rivais dende hai séculos, deixen de odiarse. Embívicus é unha destas vilas. Nin moi grande nin moi pequena, ten de todo e non posúe nada; nela só existe o que xira arredor do seu embigo... do misterioso embigo que hai na súa praza.