Epistolario

Autor:
Xosé Mº Díaz Castro
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498655759
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
232
Formato
Rústica
20,50€

Sinopse Neste volume reúnese un conxunto epistolar de preto de medio centenar de textos, conxunto que abrangue un arco temporal que vai dende os días da Segunda República, concretamente dende a primavera e 1936 ata 1989, poucos meses antes do pasamento do poeta Xosé María Díaz Castro. A edición correu a cargo do crítico e profesor Armando Requeixo, quen xa se encargara antes da edición da obra completa e mais da biografía do poeta ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2014. Para calquera escritor, a recuperación e publicación das cartas que enviou e recibiu a través dos anos é fundamental, pois moitas cuestións literarias poden ter —e habitualmente teñen— a súa pertinente aclaración na correspondencia dos autores. Díaz Castro non é nisto unha excepción e aí reside a razón de ser da presente obra: exhumar as misivas coñecidas de contido literario das que o autor de Nimbos participou como emisor ou como receptor. Este Epistolario compila todas as cartas de interese literario cruzadas entre Xosé María Díaz Castro e outros autores ao longo de varias décadas. Nelas trátanse asuntos relevantes de xorne crea tivo e biográfico, de interese non só para a reconstrución de episodios decisivos da vida e obra do escritor de Guitiriz, senón tamén para o mellor coñecemento de interlocutores como Ricardo Carballo Calero, Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego, Luís González Tosar, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Piñeiro, entre outros. A lectura destas cartas achega novas importantes sobre a poética de Díaz Castro, o envío de colaboracións aos medios, opinión lingüísticas diversas, a xestación e recepción das edicións de Nimbos, o seu nomeamento como correspondente da Real Academia Galega ou a súa participación en acontecementos literarios. Considerados no seu conxunto, estes textos fornecen unha documentación privilexiada para contextualizar a obra literaria do escritor e a relación mantida con outros autores do seu tempo.