Espectro Segue A Roldar, O

Autor:
Slavoj Zizek
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484870463
Idioma
Gallego
Nº de páginas
0
Formato
9,50€

Sinopse Xeralmente, a primeira reacción do lector contemporáneo, "liberal" e ilustrado, ao Manifesto do partido comunista é consideralo sinxela e totalmente falso desde un punto de vista empírico, tanto en relación ao cadro que pinta da situación social, como á perspectiva revolucionaria que defende e propaga. Pero canto máis domina o discurso da "mundialización", non sendo esta outra cousa que a brutal imposición dun mercado mundial unificado que ameaza todas as tradicións culturais, incluída tamén a forma mesma do Estado-nación, a descrición que atopamos no Manifesto comunista sobre o papel social da burguesía semella máis verdadeira que nunca. E máis viva quizais que nunca porque a situación que describe elevouse hoxe en día a un estado de tensión insoportábel. A súa lección actual é ante todo que a alternativa entre mundialización liberal e repregamento extremista é un falso dilema. Por un lado, a esperanza de que se poden resolver os antagonismos sociais mediante unha fase de desenvolvemento máis avanzado da economía capitalista e do seu equivalente político, a democracia liberal multiculturalista, é falso. Por outro, calquera retorno aos valores tradicionais (desde o fundamentalismo católico ou musulmán até a sabedoría oriental) está abocado ao fracaso, non só a causa da impotencia deses retornos fronte á voracidade do capital, senón tamén porque as tentativas que pretenden reafirmar reforzan as novas formas do capitalismo