Espello, O

Autor:
María García Yáñez
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788475075648
Idioma
Gallego
Nº de páginas
56
Formato
Rústica
7,00€

Irene é unha nena que mantén contactos con outra nena a través do espello do armario do seu dormitorio. Esoutra nena, Catuxa, vive na realidade que hai do outro lado do espello. A familia de Irene non dá creto ás palabras da nena e ri dela sempre que fala das conversas que mantén coa súa amiga. Un día, mentres Irene fala diante do espello, dílle á amiga do outro lado que empurre forte o espello, o mesmo ca ela. O resultado é que Irene pasa a ocupa-lo lugar de Catuxa, e viceversa. Pola mañá, cando os familiares van espertar a Irene, ven que a súa cama está ocupada por unha nena distinta. Unha nena que se ergue e, despoís de desordenar todo o dormitorio, se pecha no cuarto de baño. A familia, asustada, decide acudir á policía para denuncia-la desaparición dunha nena e a aparición doutra. Alí, tómanos por tolos e bótanos fóra. Van logo á redacción do periódico, para poñer un anuncio por palabras informando da desaparición. Pero tamén os toman por tolos. Finalmente, deciden contratar un detective estrafalario, o señor Bon, que entra na casa e recibe os ataques de Catuxa. Mentres os familiares o atenden, Catuxa e Irene deciden intercambiarse outra vez polo espello. Deste xeito, soluciónanse tódolos conflictos creados.