Esperame

Autor:
Perozo
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497824248
Idioma
Gallego
Nº de páginas
304
Formato
21,00€

Sinopse Lola, propietaria da santiaguesa boite “Toulouse Lautrec”, conta cada noite sobre o escenario o que foi a súa vida, que xirou arredor do seu traballo como cabareteira e as súas relacións con tres homes: Paco, o veciño do seu tempo da afastada aldeíña de Couzadoiro, onde ambos os dous naceron; Raúl, o coronel que lle puxo casa na viguesa rúa Colón; e o xeneral Aniano, o seu socio, co que chegaría mesmo a casar. Acompañada sempre por Reme, a súa secretaria e confidente, e por Rufino, o seu profesor de canto, a rapaciña aldeana converterase nunha das mulleres máis desexadas do seu tempo. A ruína que se produciu no mundo rural galego nos últimos cincuenta anos e a imposibilidade do amor, concibido como unha falacia que só beneficia aos homes, son temas centrais desta novela de Xosé A. Perozo de lectura apaixonante que dá conta dos tempos difíciles do franquismo.