Ethan Frome

Autor:
Edith Wharton
Editorial:
Irmás Cartoné
ISBN
9788494257087
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
134
Formato
Rústica
11,50€

Ethan Frome é un granxeiro pobre de Nova Inglaterra cuxas improdutivas terras só dan o xusto para sobrevivir. Zeena, a súa muller, está enferma e non se conforma coa mísera existencia de ambos. Será a chegada de Mattie, prima de Zeena, o que espertará en Ethan novos sentimentos e cobizas, e precipitará tráxicos acontecementos que cambiarán a súa vida para sempre. Publicada por vez primeira en 1911, esta historia de emocións desesperadas e prohibidas tensións sexuais é considerada unha das obras máis elegantes e intensas da narrativa breve norteamericana do século XIX, e a mellor das novelas curtas da autora. É, ademais, a única das obras de Wharton cuxos protagonistas non pertencen ás clases acomodadas.