Fóra De Si

Autor:
Suso De Toro
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491213147
Idioma
Publicado
2018
Nº de páginas
217
Formato
Rústica
17,00€

A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo. Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada. Suso de Toro ofrece en" Fóra de si" unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como" Calzados Lola" ," A sombra cazadora" ," Home sen nome" ou" Sete palabras" . A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo.