Feliz Feroz. O Lobiño Riquiño

Autor:
El Hematocrítico El Hematocrítico/El Hematocrítico Miguel López (El Hematocrítico)
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491210146
Idioma
Publicado
2016
Nº de páginas
70
Formato
Rústica
10,95€

A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños. Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.