Fin De Século En Palestina

Autor:
Miguel Anxo Murado
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498650587
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
372
Formato
Rústica
21,85€

Premio Libro do Ano 2008 da Asociación de Editores Galego. Premio ao mellor ensaio da . En 1998 o escritor Miguel Anxo Murado foi a Palestina enviado polas Nacións Unidas. Permanecería alí cinco anos nos que viviu toda clase de situacións dramáticas e cómicas: desde representar a Palestina nunha feira internacional de turismo a presenciar atentados e bombardeos pasando por ser o portavoz oficial durante a visita do Papa. Fin de século en Palestina é o relato autobiográfico daquela experiencia persoal na paz e na guerra, un relato auténtico, tenro, en parte tráxico e mesmo ás veces humorístico da vida nun país cheo de cor e de violencia.