Floreano

Autor:
Gogue Goguenot, Marie-Périnée
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491212171
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
112
Formato
Cartoné
20,95€

Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en ?Faro de Vigo? na súa sección ?Floreano? organizadas en tres apartados: ?De mulleres, chiñas, rubias e varios?, ?De curas, monseñores e eminensias? e ?De tasas, viños e loureiros?. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, ?Floreano, My Way?, limiar de Alberto Avendaño, director de ?Tiempo Latino?. ?Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do ?Faro de Vigo? e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais ?cerebro, lingua e outras partes brandas? para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (...)Se lle preguntas a Floreano como ...