Francisco Fernandez Del Riego. Un Loitador

Autor:
M.DOLORES VILLANUEVA GESTEIRA
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491519669
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
352
Formato
Rústica
15,00€

Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega. Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha trax¬xectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como ?un optimista radical?. Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu.

ofertas (7)