Fumes De Papel

Autor:
Xavier Alcalá
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482886794
Idioma
Gallego
Nº de páginas
168
Formato
Rústica
13,00€

Novela sinxela e realista que chama a atención sobre a incapacidade do pobo galego para explotar os recursos do país. Este é un relato clásico do acontecido nun período extraordinario da vida de Pedro Teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue industrial da súa vella vila. Nesta novela Xavier Alcalá conta o que puido ter acontecido en calquera vila galega durante os anos do "desarrollismo" e o que pode acontecer na nosa incansable historia de eucaliptos, celulosa e papel.