Habitar As Illas

Autor:
Paulino Pereiro
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484870760
Idioma
Gallego
Nº de páginas
100
Formato
Rústica
8,50€

A literatura, os libros, illas que habitamos, mundo textual que nos mergulla de cheo nunha aparencia, que sentimos con tanta intensidade que poderiamos pensar que, sen ela, o noso mundo estaría incompleto. ¿Onde está a verdade? ¿Na paisaxe (de obxectos e peripecias) que contemaplamos ou na realidade perfecta que o escritor inventa para nós? Talvez en ningures, talvez a verdade non exista e, talvez, non nos importe demasiado. A illa metafórica transfórmase en símbolo, en punto de unión entre personaxes diversos, mundos fragmentarios, irreais na súa realidade, anacos de pedra rodeados dun mar inclemente. Isto é un arquipélago menor, dividido en dous relatos, dúas extensas metáforas, un único símbolo