Historia De Galicia

Autor:
Ramón Villares
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498656725
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
519
Formato
Rústica
26,50€

A historia representou un papel fundamental na formación da cultura galega, é esencial para entender a sociedade actual Ramón Villares, un dos historiadores galegos de maior prestixio, debrúzase sobre o noso pasado para procurar nel as principais claves da Galicia de hoxe. Concibido cunha forma de ollar nova, mais complexa e rica, atenta á historia da cultura e arrequentada polos coñecementos que a investigación histórica nos achegou nos últimos vinte anos, este libro engade como novidade unha visión das diferentes épocas desde o outeiro das sete grandes cidades galegas: o Lugo romano; a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores; o Ferrol ilustrado; a Coruña liberal; Ourense, a ciadade da xeración Nós; o Vigo industrial, e mesmo inclúe un capítulo sobre a historia da emigración galega en Buenos Aires.