Historia Dun Paraugas Azul

Autor:
Xosé Miranda
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788475075433
Idioma
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
13,00€

Sinopse Este non é un libro calquera. O lector debe sabelo e obriga do editor é pregoalo dende o primeiro momento. Non é literatura light. Poida que tampouco estea na liña de preferencias ou modas literarias que nestes momentos dicta certo sector da crítica. Pero aquí hai un escritor. Aquí hai literatura. Boa literatura. Traballando cos mitos, coa memoria da propia literatura, deprendendo dos grandes mestres (sen disimulo), coidando o idioma (cada párrafo, cada imaxe) coma quen ten unha xoia nas mans, o autor consegue enlearnos nunha atmósfera distinta, noutra dimensión, poboada de personaxes marabillosos, exércitos que avanzan a través da soidade das chairas, heroes antigos, o señor de Lanzós, a Irmandade Fusquenlla, ríos con nomes de poetas, paxaros mensaxeiros, ananos curiosos e un paraugas, un espléndido paraugas azul que é ó cabo o fío conductor do relato, o animador dun variadísimo retablo onde todo se mestura, o presente e maila historia, o tempo e o espacio. Literatura de grande alento que o lector deberá gustar de vagar e que, de seguro, mesmo coa perspectiva que dea o tempo, non ha pasar desapercibida