HOSHI. A VOZ DA PEDRA FOSIL

Autor:
Brais Babarro Fernández
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491519492
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
198
Formato
Rústica
13,40€

Dai Saeki leva meses sen saír do seu pequeno apartamento en Gunshu.

Con dezasete anos decide autoexiliarse da sociedade. Mais, en pleno desterro cara a ningures, unha chamada irrompe na súa rutina de videoxogos e comida lixo. No armario, baixo unha morea de roupa, soa un teléfono. O cabo Isozaki, un nonaxenario que se nega a admitir o final da Segunda Guerra Mundial, segue a protexer un solitario illote a poucas millas da cidade. Ancorado no seu posto, o abnegado militar ve no rapaz a oportunidade de poder cumprir tres encargos que o atormentan dende hai tempo.
Aceptar as misións, pasa por que Dai teña que facerlle fronte a aquilo do que está fuxindo.