Ilusión da esperanza, A. De Cabanillas a Xulio Ríos

Autor:
Xosé Luís Franco Grande
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491514251
Idioma
Gallego
Publicado
2019
Nº de páginas
308
Formato
Rústica
23,00€

A irmandade foi, desde os seus comezos, un dos atributos sobranceiros do galeguismo. Da cultura galega entendida como arela e esperanza que une a decisión libre de cadaquén. Despois da súa opera magna dedicada ao idioma —o Diccionario galego-castelán— e logo da súa achega á memoria co relato dun período crucial para a recuperación cultural de Galicia no seu Os anos escuros, Xosé Luís Franco Grande dedica este libro á amizade. Unha homenaxe que, no ronsel do Libro dos amigos oteriano, une carácter individual e destino común co vencello no que se fundamenta a filiación libre, o da flexible e firme aperta da ilusión compartida. Corenta e nove retratos de persoeiros que, sen querelo, tamén van trazando, coma nunha inesperada silueta a contraluz, a personalidade e a vida de quen escribe.