Indignádevos!

Editorial:
Faktoria K De Libros
ISBN
9788415250067
Idioma
Gallego
Nº de páginas
48
Formato
Rústica
5,00€

“...Facemos un chamamento ás novas xeracións para revitalizaren e transmitiren o herdo da Resistencia e os seus ideais. Nós dicímoslles: tomade o relevo, indignádevos! Os responsábeis políticos, económicos e intelectuais, e o conxunto da sociedade, non deben renderse nin deixarse amedrentar pola actual ditadura internacional dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia”. “Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon máis de dous millóns de exemplares en Francia, tamén se pode ler en galego. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora, cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental.