Indo Pra Máis Perto; A Señardade No Puño

Autor:
Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497820998
Idioma
Gallego
Nº de páginas
232
Formato
Rústica
15,80€

Sinopse Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra, 1936-1995), desenvolveu unha actividade feraz no xornalismo audiovisual e sempre se sentiu abraiado polo cine. Ademais, foi un afervoado militante cultural que se iniciou no grupo Brais Pinto, e tamén político, na procura dunha díficil síntese entre o PCE e o nacionalismo galego de esquerdas. A súa obra poética encádrase na denominada Xeración das Festas Minervais. A presente edición da súa obra poética en galego, preparada por Miro Villar, recolle os libros “Indo pra máis perto” (1979), onde reedita o esgotado “Acoitelado na espera” (1960) e o premiado e inédito “Doente na espranza” (1962), xunto a novos textos; e o póstumo “A señardade no puño” (1996). Os primeiros poemas están percorridos e vertebrados pola influencia do existencialismo, para logo derivar a unha poética máis vitalista e comprometida coa transformación social, mentres que a súa obra testamentaria progresa cara a unha madureza no alento lírico