Infamia

Autor:
Ledicia Costas Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hematocrítico- e María Lado
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A. Ledicia Costas
ISBN
9788491215363
Idioma
Publicado
2019
Nº de páginas
315
Formato
Rústica
19,50€

Emma Cruz, avogada e profesora de Dereito Penal, trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade e descubre que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra.Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos? Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura.Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.