Infantil e xuvenil / Plan lector
por página

Xaime E As Landras
Sinopse
Xaime plantou unha landra, pero...
antes de que puidese medrar un esquío desenterrouna e agachouna.
Xaime plantou unha landra, Xermolou e agromou da terra, pero...
Así comeza unha sucesión de esceas, narradas de xeito áxil, breve e repetitivo. Unha técnica moi recorrente nos contos (...)

O Principe Das Sombras
Sinopse
Unha vella historia di que, ás veces, preto das casas deshabitadas, déixase ver unha criatura non máis alta ca un neno. Ninguén viu nunca a súa cara, pero algúns anciáns afirman que de cativos chegaron a ver a súa sombra. Outros aseguran que levaba unha coroa. Por iso a esa criatura se (...)
_125.jpeg)
Enga:unha Bruxa Prehistorica.(Meigas)
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
_125.jpeg)
Una Nova Dimensión (Premio Merlín 2022)
A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha (...)
_125.jpeg)
Cicuta Para Dous (Premio Jules Verne 2022)
Unha investigación chea de humor e intriga que gañou o XIX Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo (...)

Nogard
«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Tampouco sabe que ela mesma se verá arrastrada pola irmandade dos ratos a desafiar o (...)

Pola Noite
Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a (...)

ESTRELA...FUGAZ?
No cinto de asteroides que hai máis aló de Neptuno naceu Meteoro. Aínda que pasaba todo o día a xogar á roda cos seus irmáns, non era feliz, sentíase diferentes. Polo que un día, aproveitando o paso dun cometa, marchou na procura dun lugar onde poder ser el mesmo. Será a Terra ese lugar ou terá que (...)

HOSHI. A VOZ DA PEDRA FOSIL
Dai Saeki leva meses sen saír do seu pequeno apartamento en Gunshu.
Con dezasete anos decide autoexiliarse da sociedade. Mais, en pleno desterro cara a ningures, unha chamada irrompe na súa rutina de videoxogos e comida lixo. No armario, baixo unha morea de roupa, soa un teléfono. O cabo (...)

ERA OUTRA VEZ
Un xigante nun resort, un emperador convertido en director de colexio ou un xenio cunha lámpada marabillosa que se conecta á rede wifi.

ADIVIÑACEDARIO
Adéntrate no fantastico mundo das adiviñas e descubre que obxecto se esconde detrás de cada letra con este divertido xogo

O Crebanoces
Para festexar o 10º aniversario de Bululú, recuperamos o noso primeiro álbum ilustrado nunha edición especial, revisada e renovada. María Canosa adapta o conto clásico de E. T. Amadeus Hoffmann, creando unha historia marabillosa e entrañable. David Pintor dá vida ao texto cunhas ilustracións cheas (...)

Somos os monstros
Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana.
Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque.Nenos e monstros vanse atopar. O medo dá paso á (...)

Emil E Os Detectives
Emil Tischbein xa ten idade para viaxar só a Berlín, onde vai pasar uns días cuns parentes. Nin el nin a nai imaxinan que o primeiro adulto con quen coincida no tren será un ladrón que lle levará os cartos. Por sorte, a cativada berlinesa non dubidará en botarlle unha man para desfacer o torto. (...)