Isóbaras

Autor:
Gustavo Pernas Cora
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499145723
Idioma
Gallego
Publicado
2013
Nº de páginas
88
Formato
Rústica
13,10€

Nunha cidade baixo cero, oito personaxes que transitan pola rúa escapan da súa rutina e aparcan os seus problemas para deixarse engaiolar por unha raiola de sol. Lonxe soa un estrondo de explosións pero eles déixanse quentar, non reaccionan. Cruzan anacos das súas voces interiores pero non dialogan. Móvense polo espazo na procura dos raios fugaces pero non actúan. O mesmo sol que os acubilla vainos atrapando mentres as bombas soan cada vez máis cerca. Son oito personaxes baixo unha mesma presión social, baixo a mesma presión atmosférica. Isóbaras é un mapa de temperaturas do noso tempo.