Lago Das Garzas Azuis, O

Autor:
Alfonso Pexegueiro
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497823623
Idioma
Gallego
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
12,15€

Sinopse O lago das garzas azuis de Alfonso Pexegueiro é un Conto-Poema que ten como protagonista o mundo infantil. As garzas azuis viven nun lago que hai debaixo das areas do deserto de Nabalpam… Os nenos e as nenas de todo o mundo seguen polo serán as garzas ata ese deserto onde se converten en Reiseñores Brancos e así poden chegar ao Lago das Garzas para xogar e vivir, sen seren collidos polos Cazadores de Reiseñores Brancos… O lago das garzas azuis é definido polo seu autor como “un conto moi longo sobre unha mentira moi grande escrito dunha maneira moi curta e moi rara, mais é un conto de nadal para os nenos da fame que non existen”; en definitiva, unha historia sobre os nenos africanos que morren de fame e medo e aparecen como fríos números das estatísticas. Esta obra foi definida por Manuel Vázquez Montal-bán como “un relato poético absolutamente maxistral”; a súa vez Federico Mayor Zaragoza, presidente da UNESCO, como “un conto conmovedor escrito coa esperanza de que os soños nos axuden a descubri a realidade”.